Clausura cursiño de manualidades 2008/2009

Levada a cabo o pasado domingo 14 de Xuño

Este Domingo, día 14 de Xuño, tivo lugar a cerimonia de clausura do cursiño de manualidades correspondente aos anos 2008/2009.

Nela déronse cita multitude veciños da nosa parroquia así como das parroquias colindantes para poder admirar a extensa exposción organizada polas participantes no mencionado curso.Unha gran variedade de traballos os expostos,que como poderedes admirar nas fotos van dende a realización de cadros en diversas técnicas, a decoración de vidro, o pirograbado, decoración de mantelería, pintado de cabazas,... un largo etc... que conformaron sen duda unha exposición de alto nivel.

Así unha vez pronunciadas as obrigadas palabras por parte dos concelleiros do Excmo. Concello de A Merca, os asistentes puideron dar conta dunha boa mesa repleta de pinchos elaborados por todas as asistentes o curso e veciños/as que de boa vontade aportaron as suas máis afamadas receitas.

Para mostra do que foi esta pequena gran festa, queda a disposición de todos vos unha extensa galaría fotográfica:

30 de Xuño do 2009




Destacamos