Éxito rotundo da Festa Hawaiana organizada pola xuventude

O evento tivo lugar o pasado sábado 16 de agosto de 2025

Éxito rotundo da Festa Hawaiana organizada pola xuventude

O pasado sábado, día 16 de agosto, celebrouse no campo da festa de Zarracós a segunda gran cita organizada pola xuventude, que este ano sorprendeu a todos cunha Festa Hawaiana. A proposta contou cunha enorme acollida e congregou a numeroso público da contorna, que acudiu vestindo flores, saias tropicais e camisas de cores, creando un ambiente cheo de alegría e verán.

A festa estivo chea de detalles especiais: un photocall que fixo as delicias de maiores e pequenos, un desfile de disfraces hawaianos con moita participación e premios simbólicos para os máis orixinais, e por suposto música e baile ata altas horas da madrugada.

Foi unha noite inesquecible na que se mesturaron risas, diversión e bo ambiente, demostrando unha vez máis a capacidade da xuventude para organizar actividades que unen á veciñanza e dan vida á parroquia.

Dende aquí queremos darlles a noraboa por esta iniciativa tan creativa e agradecerlles o esforzo. Animámosvos a seguir por esta senda, porque xa estamos desexando ver con que nos sorprendedes o ano que vén!

 

26 de Agosto do 2025




Destacamos