Instalados novos puntos de luz no novo local Socio-Cultural da parroquia de Zarracós

Hoxe, luns día 13 de Xuño do 2011, a empresa CARPILECTRO S.L de Corbillón, por encargo da Asociación de Veciños, procedía a colocación de catro novos puntos de luz (marcados en verde na foto) no novo local socio-cultural da parroquia.

Esta pequena obra ven motivada pola escaseza de luz coa que contaba incialmente o local, unha vez rematada a construcción do mesmo, xa que só contoba con un único punto de luz para todo o salón (marcado en vermello na foto).

A obra, como xa se mencionara anteriormente nesta páxina web será sufragada con cargo ós fondos desta Asociación.

 

13 de Xuño do 2011




Destacamos