II Torneo de Chave do San Ceriz

Vilanova proclámase gañador da copa tras unha rolda de desempate con Paco

O pasado Sábado día 18 de Xuño do 2011 celebrábase no campo da festa de Zarracós o II TORNEO DE CHAVE DO SAN CERIZ.

Nel déronse cita cerca de medio centenar de participantes coa intención de golpear cas pesadas fichas a distante chave metálica. Este ano, de novo, volveu ser salientable a importante participación feminina no campionato que ano a ano aumenta e vai convertendo este xogo nun evento tradicional na nosa parroquia.

Así, tras as tres roldas pertinentes acabouse producindo un empate entre Vilanova e Paco, tendo que disputarse por tanto unha rolda de desempate na que Vilanova golpeou a chave unha vez mentres que Paco ningunha. Vilanova convértese así no gañador do segundo torneo de chave do San Ceriz.

19 de Xuño do 2011




Destacamos