Inauguramos a nova web

Hoxe, 11 de Xullo de 2009, comeza unha nova etapa en www.zarracos.org

Hoxe, 11 de Xullo de 2009, teño o grandísimo placer de presentar ante todos vos (veciños, amigos , internautas,...) a nova páxina web da parroquia de San Andrés de Zarracós e da Asociación de Veciños.

Unha web que prentende ser moito máis moderna e estética ca versión precedente, e na que espero que vos sintades "como na vosa casa".

A traveso desta nova web poderedes informarvos de todo e participar de forma activa:

  • Estarán dispoñibles  todo tipo de noticias relacionadas co día a día da parroquia, das festas, do Concello de A Merca así como das obras que prentendemos realizar ou xa levamos a cabo.
  • Tamén poderedes informarvos de todas as actividades que esta asociación realiza na sua sede.
  • Poderedes acceder a unha extensa galería de fotos (dende o ano 2004 a actualidade, e seguiremos incrementando) así como de videos das diversas festas e eventos que se realicen ou que xa se realizaron.
  • Porvos en contacto fácilmente a través dun sinxelo formulario.
  • Deixar as vosas opinións, historias, chistes, contos... no libro de visitas
  • Opinar nas diversas enquisas que publicaremos e que esperamos que sexan de utilidade tanto para vos, como para nos.
  • Suscribirvos a unha listaxe de correo electrónico a traveso da cal estaredes informados de canto aconteza.
  • Realizar unha visita virtual pola parroquia (Neste momento está ainda en construcción)
  • ...

En difinitiva espero que a nova web sexa do voso agrado, e que entre todos lle saquemos o máximo rendemento a este gran invento do século XX.

11 de Xullo do 2009




Destacamos