Presentación da web O Bosque Máxico

Celebrada o pasado Venres 20 de Abril, no auditorio Ilduara de Celanova

O pasado venres 20 de Abril, a iso das 20.15 horas, unha representación da Asociación de Veciños de Zarracós asistía ao acto de presentación da páxina web "O Bosque Máxico", atendendo a invitación realizada dende o GDR16 O Vieiro-Leboreiro (Grupo do que esta asociación forma parte).

Unha máis que interesante iniciativa, que pretende amosar ao mundo que o Bosque Máxico existe realmente e, a través do sentemento da natureza,  concienciar á sociedade de que a terra non é unha herdanza dos nosos país, senón que sempre será un préstamo dos nosos fillos. Só  así se poderá preservar e dinamizar este e outros espazos  para que  as vindeiras  xeracións poidan seguir coa irrenunciable tarefa da sostenibilidade.

Esta é unha inciativa da Asoc. O VIEIRO LEBOREIRO que ten o obxectivo de poñer ao servizo da poboación unha nova ferramenta de contacto e coñecemento do “impresionante e marabilloso” potencial do noso patrimonio cultural, paisaxístico e etnográfico.

Dende a Asociación de Veciños convidámosvos a que visitedes esta fermosa páxina web, e que a participides das iniciativas que nela se propoñan.

 

www.obosquemaxico.com

 

O Bosque Maxico

22 de Abril do 2012




Destacamos