As nosas festas xa figuran nunha das plataformas festeiras máis importantes de Galicia

Galicia en festas faise eco da nosa celebración

A axenda da páxina web GALICIA EN FESTAS (http://www.galiciaenfestas.info) faise eco da festa das Neves de  Zarracós.

Esta gran plataforma festeira recibe multitude de visitas de todos os recunchos da xeografía galega, que a utilizan para informarse de toda canta verbena se celebra nestas terras. Pois ben, agora xa poderán saber que en Zarracós os días 3-4 e 5 de Agosto estamos de festa rachada.


Axenda Galicia En Festas

Dende a Asociación de Veciños de Zarracós queremos dar as grazas ao promotor/promotores desta grande iniciativa festeira. Xente que realiza un enorme traballo, moi pouco recoñecido na maior parte das ocasións, e que o fan dun xeito totalmente altruista (sen cobrar nin un peso...), coa única vocación de potenciar as verbenas galegas.

GALICIA EN FESTAS, SÓ PODEMOS DECIR....

¡MOITAS GRAZAS POLO VOSO ENORME TRABALLO, SEGUIDE ASÍ!

 

 

Logo Galicia en festas

15 de Xullo do 2012




Destacamos