Orquestas.tk publica un artigo sobre as festas de Zarracós

Logo Orquestas.tk

Orquestas.tk (http://www.orquestas.tk), unha das páxinas web pioneiras no mundo da verbena galega publica hoxe un artigo sobre as festas de Zarracós. Este sitio, dirixido por un gran amigo e excepcional conselleiro como é, Alberto Santos, recibe milleiros de visitas todos os días ,sendo un dos espazos máis visitados no ambiente festeiro galego.

 

Dende a Asociación de Veciños de Zarracós non nos cansaremos de dar as grazas unha e outra vez a xente coma esta, que dedica o seu pouco tempo libre a manternos informados de toda canta festa se leva a cabo na xeografía galega, por pequeniña que sexa (como é o caso da nosa), sen o máis mínimo afán de lucro. Por iso, queremos ter este pequeno xesto e recoñecer publicamente o gran traballo que realizan.

 

Alberto Santos moitas grazas polo gran traballo que realizas día a día, e por eses grandes consellos que sempre sabes dar

21 de Xullo do 2012




Destacamos