Tempo de Lecer Ourense publica as nosas festas na súa páxina web

Tempo de Lecer Ourense (http://www.tempodelecerourense.com/) unha unha revista dixital con información das actividades culturais, de ocio e tempo libre de Ourense e provincia, inclúe na súa axenda de festas as nosas celebracións.

Este portal web que recibe milleiros de visitas tódolos días para enterarse de toda canta actividade cultural-festiva se produce na provincia de Ourense, polo que de seguro que dara a coñecer as nosas festas pola provincia e incluso máis aló das súas fronteiras.

Dende a Asociación de Veciños de Zarracós  queremos dar as grazas a Tempo de Lecer Ourense pola gran atención dispensada e rápida resposta a nosa petición.

Festas de Zarracós en Tempo de Lecer Ourense

26 de Xullo do 2012




Destacamos