A revista dixital Tempo de Lecer Ourense ven de incluír na súa axenda as festas de Zarracós

A revista dixital Tempo de Lecer Ourense ven de incluír na súa axenda as festas de Zarracós

Esta publicación dixital contén multitude de información sobre toda canta actividade lúdico-cultural se realiza na provincia de Ourense (festas, exposicións,concursos, concertos, deporte...), feito que fai que reciba milleiros de visitas tódolos días, e que de seguro dara a coñecer as nosas festas por toda a provincia e incluso máis aló das súas fronteiras.

Dende a Asociación de Veciños de Zarracós queremos dar as grazas a Tempo de Lecer Ourense pola gran atención dispensada e rápida resposta a nosa petición.

Podedes visitar a publicación no seguinte enlace: www.tempodelecerourense.com

15 de Xullo do 2013




Destacamos