Baloncesto Zarracós 2013

Así foi o regreso das competicións de baloncesto a cancha de Zarracós

Baloncesto Zarracós 2013

O pasado sábado, día 27 de Xullo do 2013, a competición de baloncesto regresaba a cancha de Zarracós case vinte anos despois daqueles afamados torneos 3x3, aos que acudía toda a mocidade da contorna.

 

Desta volta foi para disputar un trofeo amistoso entre a parroquia de Entrambosríos e un combinado de xogadores das parroquias de Zarracós e Corvillón. Así a iso das nove da noite e preparados os equipos comeza a contenda, que en termos xerais foi moi igualada, a pesares da gran diferencia final no marcador, e que tivo a clave no segundo cuarto onde os de Entrambosríos anotaron un parcial de 14-0 ao seu favor.

 

Fora de resultados o máis importante foi o ambiente de cordialidade no que se desenvolveu o encontro e que permitiu pasar unha tarde agradable practicando deporte sen que ninguén se mancase.

 

Entrambosrios (43) – (28) Zarracós&Corvillón

 

Resultados parciais:

  • 1º cuarto: Entrambosrios (10) – Zarracós&Corvillón (10)

  • 2º cuarto: Entrambosrios (14) – Zarracós&Corvillón (0)

  • 3º cuarto: Entrambosrios (10) – Zarracós&Corvillón (12)

  • 4º cuarto: Entrambosrios (11) – Zarracós&Corvillón (6)

 

Máximos anotadores:

  • Zarracós&Corvillón: Marcos Ferreiro (16 puntos)

  • Entrambosríos: Jou Cid (16 puntos)

 

Máximo anotador triples (Trofeo patrocinado por Gastro-Bar Parroira)

  • Lalo Peña Cid

 

Dende a Asociación de Veciños esperamos que este pequeniño paso adiante sirva como alicerce para en vindeiros anos poder facer algo mellor con máis participación, tanto de público como de xogadores, e que así poñamos en valor as pistas deportivas das que dispomos xogando incluso cando non nos xogamos un trofeo, como en tempos se facía.

28 de Xullo do 2013




Destacamos