Dende este fin de semana xa se poden mercar rifas para o sorteo da Festa das Neves 2015

Comeza a conta atrás para facer posible a Festa das Neves 2015

Dende este fin de semana xa se poden mercar  rifas para o sorteo da Festa das Neves 2015

Un ano máis esta Asociación de Veciños asume o enorme reto de facer posible unha nova edición da Festa das Neves. Unha carreira de fondo que comeza xa este fin de semana, dende o que xa poderedes mercar rifas para o sorteo de 300 euros o último día da festa.

Este ano, si cabe, a vosa colaboración é de máis importancia ca nunca. Os nosos pobos están sufrindo os graves efectos devastadores da crise demográfica, cada ano que pasa, a nosa asociación conta con menos membros e por conseguinte con menos xente colaborando nas festas e noutras actividades, factor que complica soster unha festa destas características.

Para que as festas da parroquia de Zarracós sexan posibles, colabora e merca rifas!

13 de Maio do 2015




Destacamos