Festas das Neves Zarracós 2017

Será os días 5 e 6 de Agosto do vindeiro ano 2017

Festas das Neves Zarracós 2017

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós ten o pracer de presentar unha vez máis, van xa 24 anos consecutivos, o adianto do programa da festa das Neves correspondentes ó vindeiro ano 2017.

Será os días 5 e 6 de agosto, e case que con toda seguridade tamén haberá algo o venres 4 de agosto , pero iso xa o confirmaremos máis adiante, polo momento aquí tendes o programa  festeiro previsto

 

 - Sábado 5 de Agosto - 

 

Alborada,procesión, misa e sesión vermouth coa charanga BCB de Celanova, que volverán por cuarto ano consecutivo  ás nosas festas despois do gran traballo que levan realizado en anteriores edicións.

 

Festa e verbena continuada coa orquestra TERRANOVA de Vigo que repetirá nas nosas festas grazas á grande acollida deste ano.

 

 

 - Domingo 6 de Agosto - 

 

Alborada, procesión, misa e sesión vermouth coa charanga CASTRO BELLO de Maside, que volverá  ás nosas festas despois de cinco anos, polo que, xa son “vellos” coñecidos.

 

 

Festa continuada coa orquestra BRUJAS de Rianxo, que tamén repite nas nosas festas despois de haber amenizado ás do ano 2015

 

Dende a Asociación de Veciños agardamos que o programa presentado sexa do agrado de todos vos. Creemos nas nosas festas e na unidade da nosa parroquia, e por iso, ano tras ano loitamos para intentar levar a cabo unhas festas humildes, pero que non desmerezan para nada ás nosas xentes.

 

Comeza a conta atras!!!

13 de Setembro do 2016




Destacamos