X Concerto de Nadal Zarracós 2024

Venres 27 de decembro, ás 19.00h, na igrexa parroquial de Zarracós

X Concerto de Nadal Zarracós 2024

Un ano máis, prácenos comunicarvos a celebración do  X Concerto de Nadal Zarracós 2024, que este ano será o Venres 27 de decembro ás 19.00 horas na Igrexa Parroquial de Zarracós,  unha cita xa clásica na nosa parroquia.

Para esta nova edición contaremos cun gran elenco de artistas: Grupo de Pandeireta de Zarracós, Agrupación Musical Somos Nos (de Celanova), Álvaro Rial (Piano), Laila Franqueira (Piano), Eva Rodríguez (Violín), Xan Pérez e Bieito Blanco, Baldomero Pavón (Tenor), Marta Justo (Canto), Aisha Pereira (Canto), Claudia López (Canto) e Grupo de Acordeóns Bieito Blanco.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este concerto: Bieito Blanco e a súa escola de música, parroquia de Zarracós, Agrupación Músical Somos Nos, grupo de pandeireta de Zarracós e Xan Pérez. Mil grazas pola vosa colaboración!

16 de Decembro do 2024




Destacamos