Máis cor, máis ambiente e máis espírito festivo para a parroquia de Zarracós
A Comisión de Festas de Zarracós e a Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós anuncian que os novos panos oficiais da Festa das Neves 2026 xa se poden mercar.
Este novo complemento nace coa intención de dar máis cor, máis ambiente e máis identidade ás nosas festas, permitindo que veciñas, veciños e visitantes compartan e amosen o seu orgullo pola Festa das Neves.
Os panos están dispoñibles por un prezo de 2,50 € e poden adquirirse desde este momento contactando cos membros da Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós. Ademais, durante a semana da festa tamén estarán dispoñibles a través dos membros da Comisión de Festas.
Animamos a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa para que as rúas da parroquia luzan máis coloridas ca nunca durante os días grandes da celebración.
Non quedes sen o teu pano e prepárate para vivir a Festa das Neves 2026 con máis unión, máis ambiente e máis espírito festivo.
Xa á venda!
06 de Xuño do 2026