Sorteos de Nadal Zarracós 2023

Para axudar ó funcionamento de asociación e a facer posible a Festa das Neves 2024

Sorteos de Nadal Zarracós 2023

Dende xa podedes mercar números para  os Sorteos de Nadal Zarracós 2023, que ó igual que os últimos anos, consistirán nunha fantástica cesta de nadal con xamón e dous vales de compra en Celanova CHEA por valor de 70€ e 50€ respectivamente.

Novamente, volvemos apostar polo comercio local e por iso, tanto o segundo como o terceiro premio serán vales de compra para gastar en Celanova, concretamente nos establecementos asociados a Celanova CHEA que son case a totalidade.

Pola súa banda, dende Celanova CHEA, teñen a grandísima xentileza de achegar 20€ ós premios do sorteo, por iso non podemos facer máis que expresarlle o noso agradecemento e animar a outras asociacións, comisións de festas, entidades e empresas a que aposten polo comercio local.

Así, e como ven sendo costume, o reparto dos agasallos farase co sorteo da Lotería Nacional do 22 de decembro do 2023. Os premios serán os seguintes:

  • 1º Premio: Unha fantástica cesta de Nadal con xamón (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do primeiro premio da lotería)
  • 2º Premio: Un vale de 70€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do segundo premio da lotería)
  • 3º Premio: Un vale de 50€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do terceiro premio da lotería)

O prezo de cada papeleta será de 4€, contendo cada unha cinco terminacións de tres cifras para participar no sorteo

Premendo no seguinte enlace podedes consultar as terminacións dispoñibles

https://www.zarracos.org/sorteo

De antemán moitas grazas pola vosa colaboración.

01 de Outubro do 2023




Destacamos