A festa das Neves 2010: unha festa de récords

Récord de asitencia, récord de recadación, récord de beneficios,....

Os pasados días 5,6,7 e 8 de Agosto tiña lugar a popular Festa das Neves do ano 2010, unha festa que de seguro moitos e moitas de nos recordaremos como unha das máis multitudinarias e animadas dos últimos anos.

O xoves día 5 de Agosto comezaban os actos festivos da fin de semana coa misa solemne na honra a Virxe das Neves (como todos sabemos era o propio día da santa), que este ano contaba como novidade co acompañamento musical da gran Charanga as Neves de Zarracós que posteriormente amenizaría a sesión vermouth interpretando os seus temas máis populares.

Seguíase entón o venres día 6 de Agosto, co xa tradicional lanzamento  de foguetes das vésperas ,a eso do mediodia, para xa na tardiña facer as delicias dos máis pequenos da parroquia cos xa tamén tradicionais xogos populares. Xa entrada a noite e tras cear ben tocaba o turno da actuación da Charanga as Neves de Zarracós e dos "cantantes" no karaoke popular.

O día 7 pola mañanciña era a charanga OS CHISPAS a encargada de por o toque musical polas rúas da parroquia así como de acompañar a misa solemene e amenizar a sesión vermouth, este ano especialmente concorrida dado o bo tempo que nos acompañou nas festas. Xa na tarde tocaba facer algo de deporte e as parroquias de Zarracós e Corbillón enfrentábanse nun partido de Fútbol 7 máis igualado ca nunca, xa que no descanso os locales gañaban por 3-1, facendo que na segunda parte Corbillón se tivese que empregar a fondo para finalmente acabar gañando por 3-5. Pola noite, e tras diversos problemas co horario de comezo do grupo Atenas, era a charanga As Neves a que protagonizaba o inicio da festa, para posteriormente cederlle o testigo ó GRANDISIMO GRUPO ATENAS, que sen lugar a ningunha dúbida fixo as delicias de todos os presentes durante máis de 4 horas de actuación (DENDE ESTA WEB QUEREMOS AGRADECER A ESPECIAL ENTREGA DESTES MÚSICOS CO NOSO POBO).

Despois de que moitos nos deitaramos o Sábado as tantas da maña, o Domingo tocaba madrugar para percorrer de novo coa Charanga ENTRE AMIGOS os distintos pobos da parroquia, eles serían tamén os encargados de cantar a misa solemne así como de amenizar a sesión vermouth. Polo serán tería de novo lugar o xa máis que tradicional Torneo de Chave que este ano iria de novo para a "casa da Trina", inda que cambiando de titular, neste caso foi Miguel o campión. Unha vez rematado o torneo tocaba de novo escoitar e bailar música da boa (en directo) coa gran Orquestra FIN DE SIGLO, que interpretando música moi bailable fixo as delicias de todos aqueles que se deron cita no campo da festa de Zarracós. E como non unha vez rematada a actuación desta agrupación musical tocaba de novo o turno a gran Charanga as Neves de Zarracós para amenizar a queimada popular de fin de festa.

En definitiva,  no ano no  que as cousas económicamente non van moi ala, a parroquia de Zarracós demostra que se está unida todo é posible, e que o humor e as ganas fan posible imaxes e videos como os que podedes ver nesta páxina web:

 

Podes porlle nota a festas deste ano nunha nova enquisa publicada nesta páxina web

10 de Agosto do 2010




Destacamos