Inícianse as excavacións para ampliar o campo da festa

Tamén se aproveitará para desterrar un anaco o carón do novo local-cultural

Hoxe, xoves 23 de Setembro do 2010, daban inicio as obras para desterrar parte do monte comunal e ampliar o campo da festa, tal e como se acordará na última asemblea xeral levada a cabo a finais do mes de Agosto.

Esta obra débese a gran perda de espazo que supón a construcción do novo local socio-cultural, emplazado onde ata o de agora se viña xogando a chave, celebrando o magosto,.... co que a Asociación se viu na obriga de buscar unha solución a este problema.

Aproveitando a ocasión que supón ter a maquinaria traballando no campo da festa aproveitouse para excavar un anaco de terreo ó lado esquerdo do novo local socio-cultural, coa intención de que este non quede tan enterrado e as ventás dos baños e do almacén gañen luminosidade, ó mesmo tempo que se mellora a visión xeral do edificio.

23 de Setembro do 2010




Destacamos