I Charla-Coloquio de Iniciación á Micoloxía

Celebrada o pasado venres 12 de Novembro, no local social de Zarracós

O pasado venres día 12 de Novembro, unha vintena de persoas afeccionadas ó mundo dos cogomelos, dábanse cita nas I Charla de Iniciación á Micoloxía " Principais cogomelos na zona da Merca".

O poñente: Alejandro Mínguez González fixo un percorrido polos principais cogomelos que podemos atoparnos pola nosa zona, dando pautas a seguir para diferencialos perfectamente doutras variedades non comestibles ou tóxicas. Así, tras unha amena exposición teórica exemplificada mediante diapositivas e cogomelos reais, todos aqueles que o desexaron puideron realizar ó poñente todo tipo de preguntas sobre o tema.

Unha vez solventadas as consultas dos presentes, estes participaron no sorteo de diversas publicacións de micoloxía, para seguidamente dar boa conta dos pinchos ofrecidos pola Asociación de Veciños.

En definitiva, unha interesante actividade que intentaremos repetir en vindeiros anos,  ampliandoa no posible con saidas ó monte para recoller e clasificar os cogomelos.

16 de Novembro do 2010




Destacamos