Magosto Cobas do Río 2010

Celebrado o Sábado 27 de Novembro, no local social de Cobas do Río

O pasado Sábado día 27 de Novembro, a iso do mediodía, tiña lugar o xa tradiconal Magosto do pobo de Cobas do Río.

Perto de 40 persoas se daban cita no local social do pobo, para dar boa conta dos pratos elabarados para a ocasión: castañas, chourizos criollos e normais, touciño a grella, churrasco, polo a grella, bica, empanada de carne, empanada de bacallao... todo ilo regado cun bo viño novo da terra, refrescos e como non licor café e augardente. En definitiva un extenso e grande menú do que demos boa conta todos os que alí nos demos cita.

E como non podía ser menos en calquera festa que se precie na parroquia de Zarracós, había que entonarlle unhas canterías  para quentar o corpo nun xélido día outono.

Que a disposición de todos vos unha pequena galería de fotos que trata de reflexar o espirito festivo que se deu nesta celebración:

GALERÍA FOTOGRÁFICA MAGOSTO COBAS DO RÍO 2010

27 de Novembro do 2010




Destacamos