Inaugurado o retablo maior da Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós

Máis de 100 persoas se deron cita para unha ocasión tan especial

O pasado Domingo, día 5 de Decembro do 2010, tiña lugar a inauguración oficial da Restauración do Retablo Maior da Igrexa Parroquial. A ela asistía o Excmo. Presidente da Deputación Provincial de Ourense (Don Jose Luis Baltar) e o Excmo. Alcalde do Concello de A Merca (Don Manuel Jorge Velo), tamén estaba prevista a asistencia dalgún Vicario, pero finalmente non puido ser.


O Acto iniciábase a iso das 12.45 da maña cando daba comezo a misa solemne, presidida nesta ocasión polo Reverendo Párroco da veciña parroquia de Olás, Don Félix. Unha emotiva celebración na que destacaban as diversas ofrendas realizadas polos máis pequenos do pobo e o acompañamento musical dun grupo coral, os cales dende aquí, queremos agradecerlle o seu labor, dado que o fixeron total e  desinteresadamente.O solemne acto finalizaba cun breve discurso do Secretario da Asociación de Veciños, no cal se expresaban as máis profundas grazas a todas as persoas que participaron dun xeito ou de outro na restauración e no que se destacaba o gran valor humano e material que supón o haber acadado levar a bo fin unha restauración deste calibre.
Unha vez rematado o solemne acto relixioso, tocaba dar boa conta dos “pinchos” preparados pola Asociación de Veciños e polos veciños do pobo para ocasión, unha extensa mesa repleta de comida e bebida, da que puideron desfrutar as máis de 100 persoas que se deron cita, desta vez no garaxe de Manuel Vázquez Outeiriño (dado que o local social actual quedábasenos pequeno para a ocasión e as condicións meteorolóxicas non eran favorables). E como non, unha vez rematado o xantar había que entoar unhas canterías, por que esta claro que se por algo destaca a parroquia de Zarracós e polo bo humor e pola festa.


Pero a cousa non remataba aínda, por que  “pinchos” serían pero non fomos capaces de rematalos entre as máis de 100 persoas que alí nos congregamos, co que aqueles que así o desexaron puideron volver de novo a noite para cear a base de ben e logo seguir cantando e trouleando.


Se por desgraza non puidestes asistir a este acto  e aínda que asistirades se queredes rememoralo, queda a disposición de todos vos unha galería (que proximamente ampliaremos con máis fotos).

06 de Decembro do 2010




Destacamos