O pasado martes, 8 de Febreiro celebrábase a conferencia: Plan de Atención ó Maior

Unha vintena de persoas se deron cita no local social para asistir á mesma

O pasado martes, día 8 de Xaneiro do 2011, tiña lugar a conferencia impartida pola Garda Civil sobre o Plan de Atención o Maior. A ela asistían unha vintena de persoas que estiveron atentos as detalladas explicacións dos axentes.

Así foi unha interesante charla na que se explicou como tratar casos de maltrato ós nosos maiores, así como os timos máis frecuentes que se dan no rural galego: trileiros, tocomocho, o timo da estampita, chamadas telefónicas de concursos ilegais, falsas revisións de gas, luz ou auga.... tamén se explicou como actuar ante roubos.

En definitiva, unha charla moi amena e de actualidade que de seguro nos servirá para saber como actuar ante a crecente ola de delincuencia.

10 de Febreiro do 2011




Destacamos