Lavado de cara para as escaleiras de acceso ó atrio parroquial

Esta semana os obreiros do Concello de A Merca comezaban esta pequena reforma

A piques de rematar as obras de reforma da instalación eléctrica da igrexa parroquial de San Andrés de Zarracós, dase inicio a outra pequena reformiña que sen dúbida dara un novo aspecto as deixadas escaleiras de acceso ó atrio parroquial.

Esta semana operarios do Excmo. Concello de A Merca procedían a reemplazar ó derradeiro escalón (de cemento e roto polas raíces das árbores próximas) das mesmas por un en pedra do país, moito máis acorde co entorno. Tamén aproveitando a ocasión rexuntaranse as pedras e os escalóns.

Unha pequena obra que contribúe a convervación do patrimonio que  os nosos antergos nos deixaron en herdanza, máxime se o unimos as moitas obras de restauración e conservación que se veñen realizando na igrexa parroquial durante estes últimos anos, e que fan que a nosa igrexa se atope en moi bo estado.
24 de Febreiro do 2011




Destacamos