Inauguramos unha nova sección na páxina web de Zarracós

"Imaxes da parroquia" unha sección aberta a túa colaboración

Co afán de dar a coñecer os recunchos e paraxes máis singulares da nosa parroquia polo mundo, nace unha nova sección en www.zarracos.org chamada IMAXES DA PARROQUIA.

Esta será unha sección aberta a vosa colaboración, xa que se considerades que tendes unha imaxe digna de ser publicada podedes enviala ó noso correo electrónico correo@zarracos.org xunto cunha breve descrición, e pouco a pouco iremos colgandoas na web creando así un gran archivo fotográfico.

Se dispondes de fotos antigas de lugares da parroquia tamén sería interesante que no las enviedes para así facer un pouco de memoria histórica da evolución do pobo e conseguir realizar unha sección verdadeiramente entrañable.

Animádevos e participade desta iniciativa

14 de Marzo do 2011




Destacamos