Adianto programa festa das Neves 2011

Sábado 6 e Domingo 7 de Agosto

A continaución comezamos a ofrecervos un pequeno adianto do que será a festa das Neves 2011. Como era de esperar e como xa confirmamos no seu día neste portal web (hai xa meses), esta celebrarase os días 6  e 7 de Agosto de 2011 (e case con toda probabilidade tamén o 5 de Agosto, dado que este ano cadra o día da virxe a venres).

Ata o de agora é pronto para adiantar cousas pero xa podemos confirmar o programa definitivo do sábado no que a música se refire, como xa se acordara no seu día por unanimidade o Grupo ATENAS (de Pontevedra) repetirá, pero podedes ter presente que non será igual ó do ano pasado, polo menos en canto a montaxe se refire, onde este ano sufriu profundas renovacións amosando unha imaxe moito máis espectacular e nunca vista ata o de hoxe en Zarracós, aínda que, como non, o seu espírito festeiro segue a ser o mesmo.

Este ano tamén contaremos coa presencia da charanga BRÉTEMA (de Gomesende), que visita por primeira vez as  nosas festas e que de seguro fará a ledicia de moitos.

Para o domingo de momento aínda non podemos confirmar nada, irémolo facendo nas próximas semanas segundo se vaian producindo confirmacións.

Moi pronto tamén anunciaremos o sorteo que se levará a cabo o domingo 7 Agosto, e comezarase coa venda de papeletas para recadar fondos para as festas. ANIMÁDEVOS E MERCADE PARA QUE AS FESTAS DE ZARRACÓS SEXAN POSIBLES E NON TOQUEN O SEU FIN.

11 de Abril do 2011




Destacamos