Orde do acto de entrega do Premio Francisco de Moure

Venres 24 de Xuño, ás 7:30 da tarde, na Igrexa Parroquial

Poñemos a disposición de todos vos a orde do Acto de entrega do galardón Francisco de Moure, que contra o que moita xente pensa a día hoxe non é unha misa, senón que é un acto cultural, dado que este afamado grupo esta conformado por expertos en patrimonio de toda índole, non só eclesiásticos.

Orde do acto de entrega:

1. Palabras do Presidente do Grupo Francisco de Moure sobre o Retablo e os Premiados.

2. Memoria dos Premios pola Doutora Mercedes Gallego Esperanza

3. Intervención do representante da empresa restauradora Alquima S.L

4. Lectura por parte do Secretario do Grupo Franscisco de Moure do Acordo.

5. Entrega do Premio.

6. Contestación breve dos premiados.

7. Intervención do grupo de gaitas enviado polo Excmo. Concello de A Merca.

8. Convite dun viño e uns pinchos no novo local socio cultural da parroquia a cargo da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós.

Dende a Asociación de Veciños queremos animarvos a que participes neste acto que sen dúbida algunha honra a nosa parroquia.

17 de Xuño do 2011




Destacamos