Festa do San Ceriz 2011

Ó redor de 130 persoas se deron cita para desfrutar da irmandade veciñal degustar un bo menú.

O pasado Sábado,día 18 de Xuño, tiña lugar a xa tradicional Festa na honra a San Ceriz coincidindo coa festividade de dito mártir (16 de Xuño). Unha festa que ano a ano se consolida como unha cita popular para a parroquia e que este ano contou cunha participación excepcioinal, xa que ó redor de 130 persoas se deron cita no campo da Festa de Zarracós para degustar un tradicional "á feira".

O día festivo comezaba sobre a unha do mediodía cos correspondentes actos relixiosos, unha pequena procesión polo camposanto seguida dunha misa solemne oficiada polo actual cura da parroquia, Don Camilo.

Unha vez rematados os oficios relixiosos todos aqueles que se apuntaron ,previo pago dos 21 euros, dirixíronse ó campo da festa de Zarracós para dar boa conta dunha tradicional comida "á feira" : empanada, polbo, carne ó caldeiro con patacas, bica, café e como non bo viño branco e tinto e pan de cea. Un completo e abundante menú que fixo as delicias de todos aqueles que asistimos a esta gran festa.

E claro, finalizada a comida en si, tocaba troulear, era por tanto o momento dos membros da Charanga as Neves que nos deleitaron interpretando os grandes clásicos que non poden faltar en calquera festa que se celebre en Zarracós, ademais, este ano como novidade puidemos aproveitar o novo local socio cultural para a sobremesa festeira.

Tras facela dixestión bailando, cantando e trouleando, era momento para celebrar o II TORNEO DE CHAVE DE SAN CERIZ no que se deron cita ó redor de 50 participantes.

Sen lugar a dúbidas un completo día, que reuniu a todos os veciños en torno a unha mesa, non só para disfrutar da boa comida e da boa bebida senón para polo menos unha vez ó ano reunirse en irmandade e disfrutar da boa compaña e da festa!!!

Dende a Asociación de Veciños queremos dar as gracias a todos aqueles que participastes nesta festa, esperando que fose do agrado de todos vos!

  

 

 

19 de Xuño do 2011




Destacamos