Acto de entrega do premio Francisco de Moure ós veciños da parroquia de Zarracós

Un multitudinario acto, no que se deron cita máis de 150 persoa

Unha igrexa parroquial ateigada de veciños, recibía na tarde de onte, venres 24 de Xuño do 2011, ós membros do prestixioso Grupo Francisco de Moure.

 A iso das sete e media do serán, os compoñentes da Bande de gaitas do Concello de Verea chegaban acompañados polo Excmo. Alcalde do Concello de A Merca, para encher de música tradicional o “campiño da igrexa”, seguidamente, e trala intervención das voces da parroquia, daría comezo un sinxelo e emotivo acto coas palabras do Presidente do grupo: Don Miguel Ángel González García, un breve discurso no que facía memoria histórica do pasado da parroquia de Zarracós (anexa a de Corbillón noutros tempos, recordaba) ,así como, das características artísticas do  retablo maior.

A continuación, interviña a doutora Mercedes Gallego Esperanza para facer unha memoria dos galardóns concedidos ata o momento e a motivación dos mesmos(recordemos que o concedido ós  veciños da parroquia é o número trece).

Despois viría a quenda do xerente da empresa Alquimia S.L, David Durán Montero, quen fixo unha breve exposición da intervención que realizou a súa empresa sobre o retablo, que antes se atopaba oscurecido e agora recuperou luminosidade(segundo as súas palabras).

Rematada a intervención deste, e ante a ausencia do secretario do grupo, a encargada de dirixir a presentación do acto, procedía a lectura do acordo onde se decidía por maioría dos membros presentes conceder este galardón ós veciños da parroquia de Zarracós.

Unha vez finalizadas as intervencións protocolarias, chegaba o momento da entrega do premio, que neste caso era recollido por José Manuel Taín Vilanova (en calidade de Secretario da Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós) de mans do Presidente do Grupo Francisco de Moure. Tras a entrega do diploma e a figuriña artesanal, acreditativas deste premio, o Secretario pronunciaba unhas breves palabras, nas que destacaba “quero agradecer ó Grupo Francisco de Moure,en nome de todos os veciños desta parroquia, a concesión deste prestixioso galardón ,que lles aseguro, estamos encantados de recibir e que aceptamos con profunda gratitude, pois somos conscientes do gran valor simbólico e sentimental que representa un premio destas características”.

O acto remataba coa interpretación por parte da Banda de Gaitas do Concello de Verea, do antigo himno do reino de Galicia. A banda sería a encargada de amenizar o camiño dende a Igrexa Parroquial ata o novo local socio cultural da parroquia, onde a Asociación de Veciños ofrecía un viño a todos os presentes no acto. Un multitudinario encontro no que o novo local se quedaba pequeno para a cantidade de veciños que decidiron honrar coa súa presencia a concesión deste prestixioso galardón.

Dende a Asociación de Veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento o Excmo. Alcalde do Concello de A Merca, así como, ós compoñentes da Banda de Gaitas do Concello de Verea pola súa desinteresada colaboración neste acto.

Queda a diposición de todos vos unha extensa galería de  máis de noventa fotos, deste evento, que sen dúbida pasará a historia desta parroquia: pulsa aquí para ver a galería de fotos


 

25 de Xuño do 2011




Destacamos