IV Festa do pan Zarracós 2011

Máis de 150 persoas ateigaban a Eira dos Días do pobo de Zarracós para participar desta festa gastronómica

O pasado Sábado, 20 de Agosto, tiña lugar a cuarta edición da festa do pan de Zarracós, que tal e como ven sendo tradicional nos últimos catro anos se ven celebrando na céntrica Eira dos Días.

Ao longo da semana voluntarios e voluntarias do pobo, que xa van acumulando experiencia no arte da panadería, amasaban e enfornaban o pezas de pan e as empanadas dos que darían boa conta os máis de 150 comensais que concorrerían a esta cita gastronómica na tarde do sábado.

Así, a xornada festiva, para os "festeantes-comensais", comezaba o sábado a iso das 7 do serán, cando aqueles que así o desexaron puideron participar na terceira edición da tirada do carro, así como, na segunda da carreira de sarillos, ambas levadas a cabo na chaira da Torre, contando estas cunha ampla participación.

Unha vez gastadas as enerxías tocaba degustar os manxares previstos para tal festexo: empanadas e pan do forno de Zarracós, costela ao forno, chourizos, bica,rosquillas, licores, viño, refrescos.... un extenso menú que de seguro fixo as delicias dos que alí nos citamos.

E como non unha vez cargadas as pilas tocaba gastar de novo enerxía bailando ao compás da Gran Charanga As Neves de Zarracós e do dúo de acordeóns, que puxeron a nota musical a este festexo que se consolida ano a ano na nosa parroquia.

Queda a disposición de todos vos unha extensa galería fotográfica do mencionado festexo. así como, diversos vídeos do que foi esta nova edición da festa do pan.

Galería fotográfica da IV Festa do Pan

Galería de vídeos da IV Festa do Pan

26 de Agosto do 2011




Destacamos