Tes no teu poder fotos antigas como estas?

Anímate e envíanola ao email correo@zarracos.org

as mallas

as mallas 2

Dende a Asociación de Veciños queremos proporvos unha interesante iniciativa que necesita da vosa colaboración activa.

 

De seguro que todos nas nosas casas, escondidas nalgún caixón ou nalgunha arca, temos fotos tan antigas como as que acompañan este artigo. Pois ben,a idea desta Asociación é intentar reunir a maior cantidade de imaxes antigas posibles coa finalidade de formar un gran arquivo, tanto dixital como fotográfico, e aproveitando a ocasión que nos brinda ter un gran local social como o que temos realizar unha gran exposición.

 

Se desexas colaborar, escanea as fotos antigas que teñas polas casa, e envíanolas o email correo@zarracos.org.

20 de Novembro do 2011




Destacamos