A parroquia de Zarracós vólcase cos máis necesitados

A solidariedade dos veciños está a ser excepcional

A Semana pasada esta Asociación de Veciños iniciaba unha campaña solidaria en colaboración con Cáritas Ourense, e como ven sendo costume nesta parroquia, a resposta dos veciños foi e está a ser excepcional, recandando gran cantidade de alimentos en pouco tempo.

Por iso queremos expresar a nosa máis profunda gratitude pola vosa enorme colaboración e animar a aqueles que inda non a fixeron a participar desta idea solidaria.

Alimentos Cáritas 2013

22 de Xaneiro do 2013




Destacamos