II Edición da festa de Entroido da parroquia de Zarracós

Celebrada o pasado venres, día 8 de Febreiro do 2013

O pasado venres, día 8 de Febreiro, a iso das 8:30 do serán, todos aqueles veciños que así o desexaron puideron reunirse no local socio-cultural para conmemorar unha das festividades máis arraigadas na provincia de Ourense, o Entroido.

Así, uns trinta veciños e veciñas, ataviados cos seus mellores disfraces déronse cita nesta ocasión tan especial para comerlle uns pinchos e a continuación troulearlle ,ata ben entrada a noite, ao son da música verbeneira seleccionada para tal evento.

Sen dúbida, unha festexo que fixo as delicias dos que alí estiveron, e que senta un precedente para a súa celebración en vindeiros anos.

Pulsando na imaxe que figura a continuación poderedes acceder a unha galería do Entroido 2013 na parroquia de Zarracós.

Portada Galería Entroido 2013

11 de Febreiro do 2013




Destacamos