Arranxo de viales no pobo de Zarracós

Grazas aos plans provinciais da Deputación de Ourense

Arranxo de viales no pobo de Zarracós

A semana do 13 de Maio, maquinaria e obreiros da Excelentísima Deputación Provincial de Ourense procedían a bachear o tramo de estrada comprendido entre o cruce das Santas e o final do pobo de Zarracós en dirección a Salpurido.

En total un foi asfaltado, aos anacos, un tramo duns 600 metros, o que ven a dar solución a gran cantidade de buratos que existían na entrada ao pobo, na subida ao campo da festa, na recta do Outeiro e no acceso a algunhas casas do barrio da igrexa.

20 de Maio do 2013




Destacamos