A nova web da parroquia de Zarracós cumple un mes de vida

Dende o día 1 ata o 31 de Maio a web recibiu, nada máis e nada menos que, 345 visitas

Hoxe, día 1 de Xuño do 2013, cúmplese un mes dende a posta en funcionamento da nova páxina web da parroquia de Zarracós. Dende aquel día e ata o 31 de Maio o sitio recibiu ,nada máis e nada menos, que 345 visitas.

Pola web pasaron 170 usuarios distintos dende diversos lugares do mundo como: Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, A Coruña, Málaga, Bogotá, Lugo, Medillín, Mataró, Alcobendas, Coslada, Leganés, Pamplona, Londres, Luton, Sttutgart, Ponferrada, Toledo, Badajoz, Pozuelo, San Sebastián, Valencia, Victoria, Zaragoza, Beja, Alhambra, San Diego, Chicago e Nova York.

Para os que formamos parte da Directiva da Asociación de Veciños é moi gratificante saber que este proxecto que se iniciou hai nove anos continúa a ter tanta repercusión entre os nosos veciños, algo que nos fai sentir profundamente orgullosos da nosa parroquia.

Grazas a todos os que visitades asiduamente este páxina web ;D

01 de Xuño do 2013




Destacamos