As festas da parroquia de Zarracós figuran en www.orquestasyfiestas.com

Unha das webs festeiras máis visitadas de toda Galicia

As festas da parroquia de Zarracós figuran en www.orquestasyfiestas.com

Orquestas.tk (agora www.orquestasyfiestas.com) unha das webs festeiras máis visitadas de toda Galicia publica hoxe un artigo co programa das festas da parroquia de Zarracós. É un auténtico honor que unhas festas tan humildes como as nosas figuren de igual a igual entre as verbenas máis grandes de Galicia, como poden ser as festas da Magdalena en O Milladoiro ou as festas do Carme e da Fraga en As Pontes.

Dende a asociación de veciños aproveitando a ocasión que nos brinda esta páxina web queremos darlle as grazas a todo o equipo de www.orquestasyfiestas.com : Mónica, Alberto, David, Manuel e Iago que fan posible que día tras día poidamos coñecer toda actualidade da verbena e das orquestras en Galicia, e todo dun xeito totalmente altruísta, o que sen lugar a ningunha dúbida merece aínda moita máis admiración e gratitude.

Xa sabedes! Se queredes saber todo sobre as orquestras e as festas en Galicia a vosa páxina web de referencia é: www.orquestasyfiestas.com

09 de Xullo do 2014




Destacamos