Completado o programa da festa das Neves 2014

O grupo Azalea de Ourense será o encargado de amenizar o domingo día 10 de agosto

Completado o programa da festa das Neves 2014

Esta Asociación de Veciños, durante os últimos anos, adoptou como estratexia esperar aos derradeiros días antes da festa das Neves para contratar a formación musical que ameniza o Domingo. Con isto, perséguese acadar a maior relación calidade/prezo posible, xa que o caché das orquestras soe baixar a medida que se acerca a data, se estas non atopan traballo.

Pois ben, xa temos grupo musical para o Domingo (día 10 de Agosto), e non será outro que o grupo ourensán AZALEA. Formado por sete compoñentes, con sección de vento composta por un saxofón e cun escenario humilde pero decorado con bo gusto, agardamos que faga as delicias de toda a parroquia.

Unha das súas próximas actuacións será o vindeiro día 27 de Xullo, domingo, nas festa do barrio da Ponte en Ourense.

 

22 de Xullo do 2014




Destacamos