Cruceiro en Entrambosríos

Este cruceiro é dos chamados “de Cruz” (é dicir, sen imaxe de Cristo na Cruz). A cruz é de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. O capitel é circular con debuxos circulares. O fuste (ou esteo) é de sección cadrada na parte inferior e octogonal na parte superior sendo a súa altura bastante considerable. A base (ou pedestal) é de forma cúbica coas arestas superiores rebaixadas en chafrán. Está asentado sobre unha rocha do terreo e disposto en posición de encrucillada.

Galería fotográfica

Localización

Cruceiro en Entrambosríos