A denominada zona de A Broa está situada no concello de A Merca (Ourense), a escasos 25 qm da capitalidade da provincia, e esta conformada polas catro parroquias localizadas na marxe esquerda do Río Arnoia: Corvillón, Entrambosríos, Olás e Zarracós.
Neste fermoso territorio do rural galego a orografía e o bosque autóctono conforman unha paisaxe de extraordinaria beleza na que destacan abondantes elementos patrimoniais de todo tipo.